IV Edición | 2019

PROXECCIÓNS

O IV Festival de Cine Inclusivo de Vigo celebrouse do 22 ao 26 de outubro de 2019. Na cuarta edición desta cita cinéfila houbo cinco xornadas con 29 proxeccións entre longametraxes, series de ficción, documentais, webseries e curtametraxes. 

A inauguración foi a estrea do documental “A nosotros tu reino” (90 minutos) sobre como afronta a vida o campión galego de kickboxing Simón González despois de sofrir un accidente doméstico.

VIG-IN DOC. Documentais internacionais pola inclusión contou con doce documentais en categoría competitiva. Cinco destes documentais eran extranxeiros de países como Brasil, Reino Unido ou EE.UU. Proxectouse o documental galego “Idénticas” de Luis Avilés Baquero que tivo unha mención especial do xurado. 

En canto na sección competitiva de curtas houbo nove curtametraxes. Se nos anos pasados destacou a presenza de grandes pezas internacionais, este ano traballouse pola presenza de curtametraxistas galegos e vigueses. Coa proxección de cinco curtametraxes galegas: “Mouras” de Olga Osorio; “Marusía” de Pedro Sancho; “Soy una tumba” de Khris Cembe; “16 de decembro” de Álvaro Gago e “Helsinki79, de Pablo Fontenla. Dentro desta selección estivo a curtametraxes gañadora do Goya, “Cerdita” de Carlota Martínez.

PERSONALIDADES

Fóra da sección competitiva, en “Novas Miras”, proxectouse a longametraxe de ficción, “Sordo” do director Alfonso Cortés-Cavanillas. Película que estreouse e proxectouse en Galicia no noso Festival, coa presenza do guionista, Juan Carlos Díaz e o deseñador de son, Daniel Rodrigo.

PREMIOS

O documental gañador do xurado foi “Jóvenes Invisibles” de Isabel Gemio e o gañador do público foi para o documental “La promesa” do vasco Danel Aser Lorente. Houbo mención especial para «Idénticas» de Luís Avilés Baquero.

A mellor curtametraxe para o xurado foi “Soy una tumba” de Khris Cembe e a mención especial para “Cerdita” de Carlota Martínez. A gañadora para o público: “16 de decembro” de Álvaro Gago. As dúas curtametraxes obtiveron ademais o recoñecemento do premio AGAG, “Soy una tumba” e o do premio CREA, para o director Álvaro Gago por “16 de decembro”.

OBRADOIROS

En canto ás actividades, este ano seguimos coa sección Coñece! Sección para Escolas, á que asistiron case 600 escolares de Institutos de Vigo, consistiu na proxección de dous capítulos da serie SKAM de Movistar+ e un coloquio sobre as consecuencias do ciberacoso con membros da Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional. Ademais en colaboración coa Universidade de Vigo, concretamente co Máster en Tradución Multimedia da Facultade de Tradución e Interpretación organizáronse dúas charlas sobre accesibilidade na cultura. A primeira conferencia foi a de Antonio Vázquez, experto en Audiodescrición titulada “Audiodescrición, prácticas de cine” e a segunda foi a cargo de Elisabet Serra, codirectora da Asociación Lectura Fácil, titulada “Lectura fácil: lectura inclusiva”.

Outras das actividades estiveron dirixidas a dar a coñecer as webseries galegas inclusivas que hai na actualidade, algo que vense facendo desde a primeira edición do Festival. Este ano foron convidadas a webserie de ficción “Sitcom”, sobre as personas con discapacidade e a vida pública; e a webserie “Sorrisos transformadores”, sobre a realidade dos nenos trans.

A maiores houbo a presentación das primeiras imaxes do documental sobre os dez anos de Discamino: “Dez anos pedaleando”, na que interviñeron o director do documental, Víctor Bello; Javier Pitillas e Gerardo Fernández, da asociación Discamino.

X