II Edición | 2017

PROXECCIÓNS

Na segunda edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo púxose o acento na Esclerose Múltiple coa proxección da película «100 metros» na inauguración. Así mesmo, foi a  presentación do documental «#Muévete» de Cristina Maró.

Na primeira xornada tamén se proxectou o documental «Simón González: Historia dunha loita», ao que asistiron o propio Simón González, trece veces campión de full contact e kick boxing e a produtora do mesmo, Nerea Fernández. 

Na segunda xornada, fíxose das seguintes curtametraxes, audiodescritas e subtituladas: «Sí a todo» de Roberto Pérez Toledo; «Superpunky, el musical» de Pablo Cacheda; «Las muelas del cuco» de Veru Rodríguez; «O teu efecto en min» de Roberto Pérez Toledo; «Deber» de Ángel Manzano; «Stutterer» de Benjamin Cleary (curta gañadora do Óscar no 2016); «Lurna» de Nani Matos; «Decorado» de Alberto Vázquez e «Einstein-Rosen» de Olga Osorio. 

PERSONALIDADES

Nesta edición comezamos coa alfombra vermella para visibilizar tamén diante do Photocall a diversidade da nosa sociedade. Acompañáronnos os directores Nani Matos, Pablo Cacheda e Ángel Manzano dos que se proxectaban curtametraxes na mostra. Tamén asistiron como público para apoiar o evento o director Ignacio Vilar; os actores Morris, Carmen Méndez, Carlos Blanco e Humy Donado e o presentador da TVG, Adrián Díaz.

Presentaron a gala as actrices Chus Álvarez e Cristina Maró.

PREMIOS

O voto do público foi para a curtametraxe de Olga Osorio, «Einstein-Rosen»

OBRADOIROS

Esta edición dedicada á Esclerose Múltiple a directora Cristina Maró gravou as vivencias de membros da asociación de Pontevedra para o documental participativo «#Muévete» co que se visibiliza esta enfermidade dexenerativa. 

X