No Events on The List at This Time

Haz click sobre el recuadro para ver más información

Crip Camp e Cuerdas gañan en 2020

Crip Camp e Cuerdas gañan en 2020

Despois de cinco días de proxeccións e actividades ligadas ao audiovisual e a inclusión, o Festival de Cine Inclusivo de Vigo chega ao seu fin, dando a coñecer os gañadores desta quinta edición na que se proxectaron un total de 28 filmes. Crip Camp de James Lebrecht e...

leer más
Arranca o V Festival de Cine Inclusivo

Arranca o V Festival de Cine Inclusivo

Arranca a quinta edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo. Un dos eixos deste festival é traer a nosa cidade pezas audiovisuais que nos axuden a reflexionar de forma amena sobre a inclusión. Este ano, marcado pola crise da COVID-19 o festival quere homenaxear ao...

leer más
Votación de webseries inclusivas

Votación de webseries inclusivas

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que arranca a súa parte presencial a vindeira semana do martes 13 ao sábado 17, lanza o primeiro concurso de webseries online. Todo o público xa pode ver as cinco series que participan nesta primeira edición a través da web do...

leer más

Facer visible o invisible

O cinema como espazo de encontro entre o espectador e as realidades ignoradas ou descoñecidas que nos rodean no noso día a día

DOCUMENTAIS

VIG-IN DOC. Sección de documentais de temática inclusiva que visibilice a diversidade da sociedade. Na primeira edición, a sección centrouse na diversidade funcional abríndose, pouco a pouco, a todo tipo de realidades como a da diversidade sexual, cultural ou xeracional.

Listado De Documentais 2020

-Crip Camp. A disability revolution. James Lebrecht e Nicole Newnham

-Urxencias en México D.F. Luke Lorentzen

-Ara Malikian: una vida entre las cuerdas. Nata Moreno

-Carne. Camila Kater

-Un viaje inesperado. María Guerra

-Woman. Raúl de la Fuente

-Paraíso. Mateo Cabezas

-Otra forma de caminar. Laura Torrijos-Bescós

-El monstruo invisible. Javier Fesser y Guillermo Fesser

CURTAMETRAXES

O Festival de curtametraxes foi a primeira sección da mostra na que se buscaba facer accesibles obras audiovisuais curtas. Achegándoas ao público en xeral e ás persoas con dificultades auditivas a través do subtitulado como para as persoas con dificultades visuais coa Audiodescrición. Desta maneira, trabállase para conseguir que o cinema chegue a novos públicos.

Listado De Curtametraxes 2020

-Homomaquia. David Fidalgo

-Para sempre, Malévich. Antón Veiga

-Orquesta Los Bengalas. David Valero Simón

-Operación R.A.E. Borja Álvarez

-El método PIGS. Borja Kozlov

-Xoves de comadres. Noemí Chantada

-There will be monsters. Carlota Pereda

-Loca. Maria Salgado Gispert

-Polter. Álvaro Vicario

COÑECE! SECCIÓN DE ESCUELAS

Sección dedicada a que os estudantes das escolas reflexionen a través do cine sobre realidades que malia estar todos os días en contacto con elas non comprenden ou non repararon nelas. Desta maneira, a sección intenta previr comportamentos excluíntes nas escolas como o acoso, a non integración do alumnado con necesidades especiais ou a incomprensión da diversidade.

LONGAMETRAXES  DE FICCIÓN

O Festival abre en 2020 unha sección competitiva de  longametraxes de ficción con temática inclusiva para reflictir a a diversidade da nosa sociedade. Desde o inicio do Festival houbo sempre proxeccións de películas. O primeiro ano o filme foi «Cinco puntos sobre Emma» de Roberto Pérez Toledo, primeiro director nomeado a un Goya que visitou o Festival; na segunda edición «100 metros»; na terceira, «Campeones» de Javier Fesser ao que acompañaron na presentación o seu produtor Luis Manso e os actores, Alberto Nieto e Sergio Olmos e na cuarta, o filme «Sordo» de Alfonso Cortés-Cavanillas.

Listado De LONGAmetraxes DE FICCIÓN 2020

-Bailando entre a néboa. Ignas Jonynas

 -Cuerdas. José Luis Montesinos

-Remember me. Martín Rosete

 

WEBSERIES

Desde a I edición o Festival de Cine Inclusivo de Vigo deulle un espazo á presentación de webseries inclusivas con charlas cos seus creadores. Na V edición ábrese unha sección competitiva para seguir apoiando os creadores que apostan por Internet como unha fiestra aberta na que chegar ao público. 

Listado De WEBSERIES 2020

-Amor superdotado. Roberto Pérez Toledo

-Enfermedades raras. Jorge Cameselle, Teresa Calheiros-Cruz e Lucía Cameselle

-Hasta la vista! Álex Cancelo

-Indetectables. Asociación Apoyo Positivo

-#Sitcom. Iago González (Proxecto Máscaras)

OS NOSOS PATROCINADORES

colaboradores

X