V Edición | 2020

PROXECCIÓNS

O V Festival de Cine Inclusivo de Vigo celebrouse do 13 ao 17 de outubro de 2020. A quinta edición estivo dedicada ao persoal sanitario e asistencia como homenaxe pola crise da COVID. Na inauguración proxectouse o documental «De chaque instant» do cineasta francés Nicolás Philibert sobre as vivencias dunhas enfermeiras na súa etapa formativa.

Malia a crise, o Festival apostou por seguir apoiando os creadores, ampliando as seccións competitivas, pasando de dúas a cinco: longametraxe de ficción, longametraxe documental, curtametraxe de ficción, curtametraxe documental e mellor webserie.

 

WEBSERIES INCLUSIVAS

Foi a primeira edición da sección de webseries inclusivas. As series seleccionadas foron «Amor superdotado» de Roberto Pérez Toledo; «Enfermedades raras» de Jorge Cameselle, Teresa Calheiros-Cruz e Lucía Cameselle; «Indetectables» de Asociación Apoyo Positivo; #Sitcom de Iago González (Proxecto Máscaras) e «Hasta la vista» de Alexandre Cancelo. Houbo máis de 13.000 votos durante os días de visionado e a gañadora foi «Indetectables», seguida por «Enfermedades raras».

PREMIOS

A longametraxe de ficción gañadora foi «Cuerdas» de José Luis Montesinos. O premio ao mellor documental para «Crip Camp» de James Lebrecht e Nicole Newnham. A mellor curta documental para «Paraíso» de Mateo Cabeza e houbo mención especial para «Outra forma de caminar» de Laura Torrijos-Bescós.

A mellor curtametraxe para o xurado foi “Orquesta Los Bengalas” de David Valero. A obra gañadora para o público: “Xoves de Comadres” de Noemí Chantada. O premio AGAG foi tamén para “Xoves de Comadres” e o premio CREA para «Homomaquia» de David Fidalgo.

OBRADOIROS

En canto ás actividades, este ano na sección Coñece! Sección para Escolas, asistiron uns 200 estudantes das Escolas de Imaxe e Son de Galicia, de maneira online, para escoitar ao guionista e actor Manuel Burque falar sobre a serie «Vida Perfecta» de Movistar+.

A Charla AGAG, organizada pola Asociación Galega de Guionistas titulouse «El último show e a representación da terceira idade na ficción» e contou co actor Miguel Ángel Tirado «Marianico el Corto» e os guionistas Sara Alquézar e Enrique Lojoda premiada serie.

Presencial foi o Café con CREA, da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, que debateron ao redor da «Responsabilidade dos creadores coa realidade» na que participaron Noemí Chantada (directora de «La mujer invisible» e Álex Cancelo (director de «Aysha»).

X