I Edición | 2016

PROXECCIÓNS

As curtametraxes proxectadas na primeira edición do Festival, audiodescritos e subtitulados, foron: «SuperYo» de Veru Rodríguez; «ArreDemo cos 27» de Xacobe Barxa; «Los gritones» de Roberto Pérez Toledo; «El susurro» de Veru Rodríguez; «Connection» de Ananda Rúa; «Disney» de Jorge Saavedra; «Necrofilia II» de Ana García, «Incomunicados» de Juan Galiñanes; «Tupper» de Ángel Manzano e «ReStart» de Olga Osorio.

Fóra de concurso proxectáronse: «Con Lupa» da Fundación IgualArte, «Calcetines» de Aspronaga e «Te quiero mal» de Mireia Giró.

PERSONALIDADES

O director Roberto Pérez Toledo presentou o seu filme «Seis puntos sobre Emma» protagonizado por Verónica Echegui e Álex García que narra a historia de Emma unha muller de trinta anos con discapacidade visual obsesionada con ser nai.

Pola súa banda, o director Veru Rodríguez e o actor Miguel Dorado presentaron a súa webserie «Mírame cuando te hablo» en Língua de Signos.

Así mesmo, proxectouse o documental «Entre Paradas», realizado pola Asociación para a Prevención de Accidentes de Tráfico que asistirón ao pase.

PREMIOS

O premio á mellor curtametraxe foi elixida por votación do público asistente e foi para «Tupper» de Ángel Manzano.

OBRADOIROS

Os obradoiros que se organizaron foron: «Obradoiro de Audiodescrición»; «Obradoiro de Subtitulado para as persoas con dificultades auditivas», impartido por Ariana Peiteado e «Obradoiro audiovisual» para os membros da Asociación COGAMI.