Cin-Espiria

Deixa voar a túa imaxinación e ponte mans á obra: grava un vídeo de menos de dous minutos coa idea “Pensamos demasiado e sentimos moi pouco”. A peza audiovisual pode ser de entretemento, informativa ou de ficción. Os protagonistas poden ser os teus familiares, amigos, actores ou incluso, obxectos ou bonecos.
Só hai dúas condicións. A primeira que sexa unha peza inspiradora e a segunda, que se grave en colaboración coa túa familia, os teus amig@s, membros do teu clube de fútbol, petanca, AMPA, centro de día,… da túa asociación de veciños, da túa clase,…, é dicir, que sexa unha peza colaborativa.
Tes que enviala ao noso correo electrónico viiff.filmfestival@gmail.com